Teatralmente: Carlos Alonso na Esad de Galicia

Dende o lúns 4 de outubro e ata finais de novembro está aberta a exposición Teatralmente do escenógrafo galego Carlos Alonso na Escola de Arte Dramática de Galicia, Esad, en Vigo . Este evento enmarcase dentro da iniciativa da Esad de ser un espazo onde os nosos creadores escénicos e con eles o patrimonio galego sexan preservados e postos en valor.

Teatralmente é unha instalación co material escenográfico que Carlos Alonso foi reunindo e creando na súa xa longa carreira profesional, premiada en numerosas ocasións, que comezou a fines dos 70 en Navia, Vigo, no grupo Farándula. Ai iniciase o seu periplo que o levaría ata Francia e Alemania e o voltaría a Galicia para traballar durante décadas cas máis importantes compañias galegas.

Teatralmente acontece hoxe no mesmo lugar onde Carlos Alonso xogaba con Cándido Pazó sendo neno. Neste lugar onde actualmente está o novo edificio da Esad naquel entón eran campos de labranza e carballeira. Carlos Alonso, con 54 anos e máis de vinte de volta en Galicia, rememora os seus tempos de adolescente de 14 anos sendo montador nos asteleiros navais. Recorda tamén como esta experiencia e a súa atracción polo mundo das feiras o levaban a construir tiovivos en miniatura. Tiovivos que perante a súa conversa e pechando os ollos debuxa ainda no aire co movimento das súas grandes máns.

Carlos Alonso di amar os materiais e as texturas. O barro impregna-o de paciencia e o metal o acelera. Percebe que pode haber teas brandas e duras, teas que acarician ó tacto e outras que te rexeitan. Son tantos anos de contacto cos materiais que emprega nas súas escenografías e vestiarios… Admira a Tapies precisamente pola súa busqueda na humildade dos materiais, nas texturas dunha parede vella. “Ensinoume a poética e a beleza do máis humilde“, afirma na nosa conversa na cafetería da Esad.

¿E por qué Teatralmente?

E unha forma de ver a vida. A mente que o ve todo “teatralmente”.

¿E por qué a escenografía?

Empecein como actor en Farándula. Pero xa dende aquela dabaseme ben o deseño do espazo e da roupa. Dentro dos grupos afecionados cada un tiñamos un don. A medida que os grupos foron profesionalizándose vivimos un proceso natural, no cal cada un acabamos derivando nalgo que te gostaba, sin querer ser iso xa dende o principio.

Eu vexo o Teatro como un Todo e por iso o meu traballo como escenógrafo non o fago dende o punto de vista do estilista. Os procesos de búsqueda son procesos especiais, nos que ás veces non hai que deseñar nada. Só hai que entender a atmósfera. Vexo entón si necesito de roupa usada ou non, como debe de oler esa roupa… Só podes entender os códigos e claves cos que funciona o vestiario en teatro si entendes os códigos do teatro.

“Yo veo”. A observación é moi importante e quedarte coa película. Alguén que retén iso e o aplica ó traballo… o “Color” do Todo, dun espazo, do aire… E diferente a como o poden perceber un arquitecto ou un diseñador que non entren nos procesos teatrais. “Mi mente lo ve todo para aplicarlo al teatro”.

¿Recordas como comezou Todo?

Era pequeno cando fun ver a posta en escena de La casa de las Chivas e captein a posta en escena de algo, dun drama. E unha sensación que nunca me abandonaría. Descubrin un mundo tan atractivo… que te leva á imaxinación, que me daba a posibilidade de desenvolverme como persoa e outra perspectiva das posibilidades da vida.

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Exposicións coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s