Unha investigación “sen título”: Eva Freixeira

Eva Freixeira (O Barco de Valdeorras, 1978) presentou de novo hoxe na Esad o seu proxecto Fin de Carreira en Dirección de Escena. Anteriormente licenciouse en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e recibiu unha beca Erasmus en Manchester, Inglaterra. Xa publicou un texto na revista Casahamlet e no ano 2009 a obra Ofelia coa editorial Laiovento. Tamén foi finalista dous anos do Premio de Teatro Radiofónico.

A súa familia é orixinaria de Portugal e os seus inicios en Galicia non foron doados. Neste proxecto deuse o dereito de buscar para crear, para conxurar as dubidas sobre o que fai. “Non é que non esté convencida se non que necesito crer máis no que fago, ainda que sexa diferente”, aclara. Sen título xurdiu según ela a partir da nada, “sobre un concepto que era a beleza. Non tiñamos texto nin nada”. Decidiron investigar, porque viron na escola o contexto ideal para face-lo. “Fora é máis difícil -afirma Eva-. Falta a xente e sen actores non podes crear nada. Necesitas de actores, xente comprometida que saiba que no teatro non te vas a forrar, que hai que probar e logo esperar a que ó millor pase algo. Por exemplo, Matarile conseguiu ter esa estrutura de xente tola como ti que cre no que fas”.

Di ser impaciente, perfecionista e traballadora. “Teño moitas ideas”, confirma cun sorriso. Xa realizou varios proxectos antes de Sen título. Técnica mixta sobre linóleo negro. “Creamos un espectáculo de teatro de rúa sobre o ferrocarril en Monforte. A fase de xestión e produción foi o máis difícil. Ai non me sinto tan preparada. Á hora de tratar cos actores e actrices sintome moi ben e tampouco teño medo de quedarme sin ideas pero a parte económica e material costame máis”, declara Eva. Tamén en Monforte creou con dez compañeiros da Esad de Galicia un espectáculo para a Feira Medieval 2009.

Sen título creouse con moi pouco presuposto. “Non chegamos ós cen euros. Temos tres sabanas, tres neóns e tres caixas de folios cheas de botellas de cristal azul, que deixou eiqui Baltasar Patiño despois do seu curso e que ían para o lixo”, recorda. “Ter a xente e o espazo para traballar e para poder mostrar é o máis importante. Pero tamén o é que che paguen polo teu traballo e poder pagar ós artistas. En fin, laboralmente o vexo máis compricado ó sair fora da escola”, reflexiona Eva.

Sen título

Non me gostan os títulos. Cando escrebo é o último que fago. Gostame o título que escolle a xente, que me suxire cousas pero eu si o podo evitar evito-o.

Técnica mixta sobre linóleo negro

Gostame moito o linóleo negro. A primeira vez que o vin foi eiqui, na escola, en clases de danza. Para min significa traballo corporal, que me gosta. E Técnica mixta porque quería facer unha “peza-paisaxe”, concepto que se emprega moito nos cadros. O teatro é unha técnica mixta, que mestura linguaxes… o olfato, o tacto, o oído…

Portugal

Terra dos meus pais, que eu sempre rexeitein porque no colexo me vacilaban bastante. Empecein a ler e ver teatro en Oporto e entón empecein a coller unha identidade. Podo expresarme en portugués pero non son bilingüe. Ali só me queda unha casa en ruinas nunha aldea, que acaban de vender… coa parede desconchada… Gostanme as cousas vellas. É triste pero bonito… Quero recuperar o portugués e aprende-lo ben.

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Acontecementos coas etiquetas , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s