A Plataforma Virtual de Aprendizaxe Teatral, a partir do 2011

A primeiros do 2011 entrará en funcionamento a Plataforma Virtual de Aprendizaxe Teatral, creada dentro da Rede Iberoamericana de Ensinanzas Superiores en Teatro, RIEST. A RIEST naceu en setembro deste ano 2010 no seno do I Congreso Iberoamericano de Pedagoxía Teatral, que aconteceu no mesmo mes na Esad de Galicia, en Vigo.

A RIEST xurdiu ca finalidade de promover o intercambeo de recursos, profesorado e alumnado e para profundizar nesa laboura unha comisión de cinco escolas está a traballar na creación da Plataforma Virtual. A Esad coordina o traballo para ter listo o primeiro esbozo a primeiros do 2011, “os links e a presentación”, explica Daniel Salgado, profesor de Dirección de Escena na Esad de Galicia.

“A Plataforma será un lugar físico na rede que serverá como punto de encontro virtual común das escolas de Iberoamerica. Ademais será un punto de almacenaxe de recursos educativos: documentos, vídeos, espectáculos, grabacións de clases, etc. Un soño que nos gostaría plasmar”, explica Daniel Salgado. Esta Plataforma Virtual suporá vinculacións reais de coñecemento entre os procesos formativos de Iberoamerica. “Saberemos que se está facendo noutros lugares. Teremos a visión e audición do que está a pasar sen necesidade de viaxar ali”, aclara Salgado. “No ensino superior o profesorado que non escrebe é descoñecida. Hai que darlles un valor, para que podan expoñer o seu traballo”, continúa.

Esta Plataforma serverá para o intercambeo de recursos educativos pero tamén para coñecer as escolas de cara ós intercambeos de alumnado e profesorado. “Coa Plataforma teremos a posibilidade de suministrar material gratuito e público polo beneficio educativo xeral”, conclúe Daniel Salgado. Para a Esad de Galicia, como centro público, é unha necesidade asumir este compromiso.

A RIEST ainda non é unha entidade xurídica e calquer escola que desexe formar parte dela debe porse en contacto coa Esad de Galicia para rexistrarse. Si a iniciativa calla e existe un compromiso dos integrantes constituirase xurídicamente.

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Acontecementos coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s