Os alumnos da Esad de Galicia, partindo da proposta da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, participan en catro xornadas contra a violencia de xénero. Realizarán accións escénicas en espazos públicos. Este xoves, 4 de novembro, ás 11.30 horas, terá lugar a primeira acción no Mercado do Calvario de Vigo.
O vindeiro 11 de novembro, ás 19 horas, farán unha nova acción escénica no Centro Comercial As Travesas, e o 18 de novembro, tamén ás 19 horas na Estación de Renfe. Para rematar con este ciclo, que ten por obxectivo sensibilizar á poboación sobre a problemática da violencia de xénero, os alumnos da Esad, baixo a dirección e coordinación de Mariana Carballal e Alberto Romero, actuarán o dia 25 de novembro ás 11.30 horas no Marco de Vigo.
O equipo artístico está integrado polas alumnas e alumno da ESAD de Galicia
Areta Bolado, Begoña Míguez Méndes, Sara Fernández Aguayo, Noelia Fernández Castro e Brais Fernández Barral. Ademais conta co equipo técnico do IES Audiovisual de Vigo.