“Humano”: produto dun cabreo

De onde es?

Son de Vigo (1965)

Aos dezaoito anos quería ser actor e marchar á Resad, a Madrid. Por falta de “tempo” (= léase frotando o polgar co índice da mesma man) non puido ser e quedei aquí condenado a estudar unha carreira universitaria que, desde logo, non rematei. Por sorte a posta en marcha da Esad de Galicia permitiume facer aos 45 anos os estudos que sempre quixen facer, aínda que co paso dos anos a miña elección fora a dirección de escena.

Comecei co teatro na Escola Dramática Galega aló polo ano 1984. No ano 1986 pasei a formar parte da compañía Itaca de Santiago onde comezou unha formación máis intensa e multidisciplinar.

No ano 1988 entrei na compañía de teatro afeccionado Avento de Vigo como actor e desde o ano 1992 levo dirixidos todos os seus espectáculos. Por que? Porque o anterior director deixou o grupo e eu desexaba seguir dicindo cousas!

Como xurde o proxecto “Humano. The Game”? Cal foi o proceso creativo?

Como ven sendo habitual nos últimos anos, Teatro Avento crea os seus espectáculos a partir dunha serie de premisas que máis tarde son desenroladas polos membros da compañía. Cada membro aporta o seu punto de vista, a súa visión sobre un tema determinado e co seu imaxinario comeza a crear personaxes e situacións improvisadas. Como director tócame seleccionar, reconducir, motivar, fragmentar, compoñer…

Humano. The game é produto dun cabreo. En teatro Avento estabamos ( e seguimos estando) enfadados. Si, moi enfadados con moitos aspectos das nosas vidas: cos políticos, cos funcionarios, con certos estamentos da nosa sociedade que tentan impoñer unha “moral verdadeira e única”, coas novas maneiras de socializar, co “mal” uso de internet, co medo ao contacto humano, coa prepotencia dos instruídos, coa vagancia dos ignorantes, coa precariedade de traballo, co postureo dos insumisos, coas cancións protestas que só arranxan o propio peto, cos trepas, os enlaces sindicais, cos xefes que pensan que todos somos unha familia… pero con quen máis enfadados estamos é con Teatro Avento. Si, con nos mesmos estamos tremendamente cabreados.

Mais, cando estamos cabreados, dásenos por rir. E por iso naceu Humano The Game: para botar unhas risas mentres xogamos ao xogo da vida que , se nos paramos a pensar, ten coña

Por que na asociación Val do Fragoso?

Por cuestións prácticas. É o local onde ensaiamos e onde gardamos o material. Facelo no auditorio da escola implicaría limitarse aos horarios nos que a escola está aberta. A esas horas os membros de Teatro Avento están cumprindo nos seus respectivos postos de traballo. Outra solución sería contratar a xente para a carga, descarga e montaxe da escenografía, iluminación, etc… Pero non teño un duro! Como é sabido, este ano non houbo aportación económica para os proxectos fin de carreira. Ante a nosa sorpresa houbo como resposta un: ”búscate a vida”. E iso foi o que fixen: buscarme a vida!

E o primeiro proxecto de Fin de Carreira que vai ter lugar foro do recinto escolar?

Non sei se é o primeiro, pero sei que non é o único.


Obstáculos que tivestes que superar no proceso creativo e como o fixestes?

Humano . The Game é bastante complicada a nivel “tecnoloxías”. Cantamos en directo, hai proxeccións de vídeo, música de creación propia… Manexar todo iso deu bastante lata, pero, o maior problema é a falta de tempo. Ensaiamos dous días á semana roubándolle horas ao descanso. As dúas ou a tres da noite non se rende como un desexaría. Benvidos a o teatro amateur. Gustaríame ter máis tempo para afinar detalles.

Para que che serviu? Foi unha oportunidade de investigar? Como e que?

Aprendín unha morea de cousas durante o proceso. A verdade e que sempre estou aprendendo! Coñecer os límites e as posibilidades de distintas linguaxes para saber como sacarlle partido e utilizalos para outros espectáculos(como a manexar programas de creación 3D por ordenador, por exemplo).

Serviume tamén para probar recursos empregados no teatro Brechtiano, e aprender das súas posibilidades e os perigos do seu uso e abuso.

Agora contestame co primeiro que che pase pola cabeza ás seguintes palabras:

Humano? Somos todos tan iguales!
Xogo? Teatro
Vida? Xogo
Gañar Traballar no que che gusta.
Perder? Nunca. Sempre nos queda algunha vida extra.
Sensibilidade? Algo que todo o mundo ten. Mais o menos agochada.
Empresa?
Algo que haberá que facer. Buff , que pereza poñerse con IVE! Algún produtor entre os lectores deste blog?
Equipo?
A mellor maneira de crear en teatro.
Responsabilidade?
XD (= que me río, que algo me fai graza… XDDDD)
Director?
O que son
Actor?
O que comecei sendo.

 

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Acontecementos coas etiquetas , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s