A Esad no Culturgal, este fin de semana en Pontevedra

A Escola de Arte Dramática de Galicia estará presente cun stand no Culturgal, Feira das Industriais Culturais, que terá lugar este fin de semana en Pontevedra.

Con motivo deste evento terán lugar varios espectáculos no Teatro Principal de Pontevedra ós que os alumnos poden asistir gratuitamente, pasando a recoller previamente a invitación na sede do Culturgal, o Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra.

Teredes a oportunidade de disfrutar o sábado 27, ás 21 horas, de In, espectáculo de Teatro Xestual do Elefante Elegante. E unha producción única nestes momentos en Galicia e dirixida por María Torres. Formados en Bruselas nas técnicas de Lecoq e tamén na Commedia dell´arte con Antonio Fava, ofrecen unha nova proposta dentro do contexto escénico galego.

Por outra banda, o domingo 28, tamén ás 21 horas, podemos disfrutar de Un cranio furado, novo espectáculo de Produccións Teatrais Excéntricas, dirixido por Quico Cadaval.

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Acontecementos coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s