“Lela” para Catuxa Moure: Un reto e un pracer

Conversa con Catuxa García Moure, unha das actrices e actores da producción teatral da Esad de Galicia Lela anda en bicicleta, basada nunha obra de Carlos Casares e que está sendo representada dentro do marco dos actos do Bicentenario de Vigo.


Que supuxo para ti participar nesta montaxe?


Foi algo novo. Nunca fixera teatro xestual. Nunca fixera unha obra sen texto dramático e estivo moi ben.


Como foi o proceso de creación?


Foi un exercicio de creación por parte de todos, do director e dos actores. Cada un empezou a construir a súa personaxe, a forma de andar, etc. e o director ía estilizando o resultado. Para min foi tamén moi interesante o traballo de voz que fixemos. Xogamos moito coas vogais e as consonantes. O non haber un texto fixo necesitabamos identificar os personaxes pola voz que tivesen. O meu personaxe era o último que entraba na praza e debía escoitarseme sobre o resto das voces, por iso collin o agudo, por necesidade da composición.


Sinto moitísimo cariño por esta obra. Empezou pouco a pouco. É unha creación de todos. Foi divertido, estresante, abrumador… Fixemos grupo e non tivemos problemas de convivencia. É moi bonito e dame moita pena que remate agora.


-Catuxa recorda o proceso de creación, como todo encaixaba: personaxe, vestiario, escenografía, luz…-. O meu vestido está en relación cas flores que me dan, cos focos, co texto da fruteira…


E o traballo non só é do director ou dos actores senon tamén da rapaza que fixo o vestido ou o rapaz das luces. As veces sintes que eres como unha marioneta. Tu acatas as normas que che din e vas formando a personaxe. Tu como actriz vas dándolle volume, unha personalidade, e unha serie de características que a refinan. Foi un reto.


Dificultades?


Xa traballara antes con Ricardo Solveira, que é un amigo. Cando traballein con outras persoas que non conhezo o actor é o último, nin pincha nin corta. Boeno, esa é a experiencia que tiven nas curtas. En Lela creouse unha confianza e podíamos discutir sin enfadarnos.


Os primeiros meses costoume afianzar o personaxe. Costoume crear un personaxe definido. En cada ensaio cambeaba. En canto á voz o traballo que fixemos con Nuria Montero de proxección da voz serviume moito, mesmo para avanzar nas clases da Escola. Cheguei a clases de Ortofonia con outra perspectiva. Aprendin onde podía chegar sin facerme dano. O meu director de Ferrol sempre me decía que poseía unha boa dicción pero falaba demasiado rápido e baixo. Era compricado que se me escoitara co barullo que hai en escena cando entro e para os outros regular o seu volume para dar espazo á voz que entra, non solaparnos.


Foi un reto no terreo da voz e no terreo corporal foi interesante a construcción do personaxe dende o corpo.


En fin, non foi difícil estar neste proxecto porque é algo co que estaba ilusionada. A min gostame o estrés positivo, esa sensación de estar facendo un montón de cousas, porque todo o que fago estáme a gostar. Dame unha disciplina, unhas pautas, unha monotonía, que eu necesito. Será pola ximnasia artística que facía de nena.


Recordo que ó principio era moi compricado para todos. Nós estabamos co personaxe e Ricardo coa posta en escena. O ritmo era moi lento. Había que facer unha escena e parar. Eu o entendo porque a creación necesita de tempo. É lento e cansado, de cinco horas aproveitas só unha pero as outras catro tamén son necesarias. Nos axudou a adquirir a profesión. O máis bonito é ter as antenas sempre postas. Agora conseguin unha mínima idea de luces e con cada ensaio e función aprendes algo.


Repetirías unha experiencia así?


Sí, claro, sen dubidalo, que me quiten o bailado.

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Acontecementos coas etiquetas , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s