“Tratame ben”: contra á violencia de xénero dende a Esad de Galicia

Conversa con Areta, Noelia e Brais, alumnos de Cuarto de Interpretación da Esad de Galicia, que xunto a Begoña e Sara participan no proxecto contra a violencia de xénero, que dirixen a profesora da Esad Mariana Fernández e Alberto Romero coa colaboración do IES Audiovisual de Vigo. Todos coinciden en destacar o sinxelo e fluido que foi para eles colaborar cos alumnos de Audiovisual. “Estamos moi agradecidos. Iamos todos cara á mesma meta”, aclara Areta.


A proposta escénica xurdiu a partir dun texto creado por Alberto Romero e Mariana Fernández. Tratase de catro pezas distintas.


Que vos aportou esta experiencia?


A. Traballar a empatia de porse no lugar do outro. Hai maltrato en todo tipo de relacións.


B. Permitiume comprender a situación e sentir que a problemática non está só na parella senon na sociedade, na falta de educación.


A. Sí, na educación non só nunhas ideas, nalgo abstracto senon en cal é a maneira de falarnos, de relacionarnos con comunicación, compartindo…


N. O desexo de volver a actuar contra este problema.


Como foi a experiencia de actuar na rúa?


A.Foi máis intensa do habitual. Había un ritmo e unha vida antes e ó empezar a actuación variou e compartimos enerxias. Foi máis real e máis intenso que nun teatro. O intervalo de idade dos espectadores, por exemplo no Mercado do Calvario, era de 50 anos e eran mulleres maduras que parecían moi afectadas polo noso traballo.


N.No Centro Comercial había máis dispersión, cas luces e escaparates.


Que vos pareceu máis difícil?


B. Para min a preocupación principal era que unha persoa que pasara polo maltrato non se sentira ofendida porque podíamos ó millor pasar por estereotipos. No caso do home, que aparece como malo, mostrar que el é tamén unha víctima, que non sabe facer as cousas doutra maneira, que non sabe canalizar… intentein comprender pero non sein…


N. Non caer nos clichés.


A. Meterte na situación. Existía medo a quedarse na superficie coa nosa idade. Queríamos despertar as conciencias, por as cousas diante da xente.


Muller?


A. Persoa.              N. Femenino.      B. Compañeira


Home?


A. Persoa.              N. Masculino.      B. Eu


Femenino?


A. Unha parte.      N. …                      B.


Masculino?


A. A outra parte.   N. …                      B.


Xénero?


A. Balado.                N. Etiqueta.        B. Humano.


Violencia?


A. Instinto.              N. …                     B. Descontrol.


Creación?


A. Experimentar.   N. Eu.                   B. Compartir.


Eu coido de ti (título da iniciativa)?


A. Amor.                  N. Xenerosidade. B. Compartir.


Tratame ben (título de proxecto escénico)?


Todos: Non fagas ós demais o que non queres que che fagan a ti.

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Acontecementos coas etiquetas , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s