Gena Baamonde, alumna de Dirección da Esad de Galicia, actua esta temporada na nova montaxe de Produccións Artísticas “Alicia&Alicia”, dirixida por Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle. Nesta peza participan tamén Toni Salgado, igualmente alumno de Dirección da Esad, Uxia P. Vaello e Anabel Gago.
Como foi o proceso de creación?
Dende a dirección Alfredo fixo unha proposta a Paula Carballeira para que escrebera un texto sobre o personaxe de Alicia. O texto de Paula é moi aberto. Alicia somos todos. Hai moitos tipos de Alicia. Todos podemos ter esa parte máis surrealista, de xogo, de inmadurez e a de madurez ou a de estar un pouco no límite… con elas reaccionamos na vida cotiá.
A dirección contaba cunha estructura e escenografía claras dende o principio. Na primeira parte da peza todo é máis poético e o movemento está moi presente. Ai traballamos xuntos, nun espazo que ainda non era moi concreto, antes de abrir a escenografia.
A dirección xogou coa verdade dos actores. Facían propostas de improvisación e de ai partían os personaxes.
Que dificultades atopaches?
Ao principio costabame un pouco a parte surrealista, de non ter onde agarrarte, onde funcionas máis con imaxes. Traballamos moito con sensacións. Unha vez que entrei nesa clave costoume entrar noutras propostas de eiqui e agora.
A peza te da a oportunidade de cambear de chip continuamente e explorar moitas posibilidades. Nun mesmo espectáculo traballas de moitas maneiras. É un espectáculo moi rico.
É como si o texto fora de todos. Todos pasamos por Alicia con diferentes matices, corpos. Foi moi interesante buscar que hai de Alicia en diferentes corpos e persoas.
E a ti como directora, que te chamou a atención do proxecto?
Gostoume moito o que fixeron Alfredo e Olga. Traballaron duas persoas a dirección e entenderonse. Eu creo que é posible unha posta en común. Eles dous aprendían deles dous, dos diferentes puntos de vista. Olga ven da danza e Alfredo do teatro textual. Fixeron unha mestura das duas experiencias sen renunciar a si mesmos. Buscaron a unión das duas. Compenetranse moito.
Alicia?
Ten esa cousa de conto. Está moi relacionada co que provocan as drogas ou estados alterados. Por exemplo, o sombreiro na época en que foi escrito o libro levaba mercurio e por iso producía o logo chamado “sindrome de Alicia”, que supón unha distorsión da imaxe que ten o suxeto de si mesmo e dos demais.
Ademais fala do escape dunha muller, do paso de nena a muller, na época victoriana. O xogo e a risa son moi libres e levan á rebelión. “Alicia” é un conto liberador. Cuestiona a dimensión das cousas que a realidade nos da. Aparecen os magos…
Pareceme un conto ata subersivo. O coello está relacionado coa sexualidade. Antes decíase “Estás como a lebre de marzo” cando un estaba excitado. Fala da excitación animal.
Eu creo que tanto Alfredo como Olga foron moi valentes á hora de contar a sua visión de Alicia. Hai ademais partes moi dinámicas, de moito traballo corporal e coral.
As próximas datas da peza na Rede Galega de Teatros son:
11-2 / Pontevedra-Pazo da Cultura
11-3 / Vilagarcía-Auditorio Municipal
13-5 / Vigo-Auditorio Caixanova
19 e 20-5 / Santiago de Compostela-Teatro Principal