La Zaranda, Premio Nacional de Teatro 2010: Roberto Pascual, membro do xurado

A compañía La Zaranda obtivo o 25 de novembro do 2010 o Premio Nacional de Teatro 2010. O xurado concedeulle esta distinción pola “súa capacidade de conxugar unha decidida e comprometida posta en escena e un texto global que entronca coa tradición ibérica do esperpento, a través dunha linguaxe contemporánea de gran carga poética, posto de manifesto en 2009 no espectáculo Futuros difuntos”. O premio, que concede anualmente o Ministerio de Cultura, está dotado con 30.000 euros.

Biografía
A compañía La Zaranda (Teatro inestable de Andalucía la Baja) leva trinta anos xirando por España e América cunha proposta teatral diferente, enraizada na tradición da nosa Cultura, de Zurbarán a Valle-Inclán, arraigada á identidade popular, dende o xogo profundo co idioma ata a presenza de festas e tradicións, xogando coa lixereza dun tono menor que provoca o sorriso e cunha mirada transida de espiritualidade. Os seus espectáculos son valorados polo público e a crítica ata convertir a esta compañía nunha das máis prestixiosas do noso país. Os textos de Eusebio Calonge, escritos sobre a pel e a voz de Paco de la Zaranda (Francisco Sánchez), Gaspar Campuzano e Enrique Bustos, levannos a lugares habitados por un espíritu antiguo, tal vez á esencia do feito teatral.

O traballo de La Zaranda, fundada en 1978, comenza  ser coñecido en toda España en 1983 coa estrea de Los tinglados de Mari Castaña. En 1985 inicia a sua andadura internacional coa xira de Mariameneo, Mariameneo, que inaugura unha intensa relación de La Zaranda con América e moi especialmente con Buenos Aires. Vinagre de Jerez (1989) chega a grandes festivais internacionais, Perdonen la tristeza (1992) representase nunha vintena de países, Obra póstuma (1995) estrenase en Nueva York, etc. Continua a sua  andadura ata Futuros difuntos pola que ven de reciber o Premio Nacional de Teatro, e a recén estreada Nadie lo quiere creer. La patria de los espectros (2010).

O Xurado
O xurado, presidido polo director xeral do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM); Félix Palomero, coa vicepresidencia da subdirectora xeral de Teatro, Cristina Santolaria; estivo integrado por Lola López, David Ottone, Roberto Pascual, Lluís Pasqual, Gloria Muñoz e Vicky Peña, galardoada na pasada edición.

(Texto facilitado por Roberto Pascual en decembro e tardiamente traducido por Ana María Fernández)

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Acontecementos coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s