O Cineclube da Esad: “Contar o mesmo pero dun xeito diferente”, comenta Mariña

O Cinceclube da Esad segue a súa marcha cunha interesante oferta. O vindeiro xoves 7 de abril ás 16.00 horas poderemos ver  Vania en la calle 42, baseada na peza de Chejov e dirixida por Louis Malle.

Mariña López Varela, alumna de Terceiro de Interpretación, comentanos brevemente a súa experiencia do Cineclube. Ela pudo disfrutar da proxección do Hamlet, de Kozintsev e Shapiro.

¿Que destacarías deste ciclo, da posibilidade de ver textos dramáticos tratados dende o punto de vista cinematográfico? Que concidencias existen ou que elementos teatrais atopaches?

O ciclo paréceme unha iniciativa moi positiva. Ogalla se organizaran máis cousas de este tipo na escola.

É unha pena que o horario me veña tan mal porque a verdade é que sinto que teño  moi pouca cultura cinematográfica e paréceme unha oportunidade de ver peliculas sobre as que despois se pode falar,  facer preguntas e, en definitiva, aprender. Para o público ó que esta dirixido é máis interesante aínda que sexan textos dramáticos, textos que liches, dos que falaches centos de veces e dos que viches varias montaxes teatrais como acontece con Hamlet.

É moi curioso ver a mesma historia tratada dende outra arte coas súas propias características que permiten contar o mesmo pero dun xeito ben diferente e así sacarche da cabeza a idea de Hamlet que tes preconcebida por pensala sempre dende un punto de vista máis teatral, a lo menos, iso e o que me aconteceu a min.

Teño que facer un esforzo para lembrarme porque xa a vin fai tempo pero algo que se me quedou na memoria foi o espazo tanto o castelo coma os acantilados e o mar. Iso é algo que che permite o cine ir de un lado a outro con toda a facilidade do mundo e que consegue momentos impresionantes coma a morte de Hamlet apoiado na rocha dun acantilado co mar batendo.

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Acontecementos coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s