As II Xornadas de Teatro Escolar enchen de voces infantis estes dias a Esad de Galicia. Nenas e nenos que entran e saen na Sala Pedra Seixa encarnando a Pinocho, unha fada ou un rato. Un dos colexos de infantil e primaria que pasan por eiqui nesta semana é o “Emilia Pardo Bazán” ou “Chouzo”, de Vigo. Eles trouxeron a peza “El parque enfermo” e cursan Primeiro de Primaria. Teñen de 6 a 7 anos.
Entre bocado e bocado, na pausa, acompañados por Antero, o conserxe do cole, Clara, Laura e Uxia ofrecennos un par de impresións desta experiencia. “A mi me gusta mucho. Me gusta ver cómo lo hacen, que lo pasan bien”, comenta Clara. “A mi me gusta que las obras son muy chulis y que disfrutan mucho haciéndolo”, añade a pequena Laura. Elas non están na obra pero encantalles ser o público. “A mi me gusta cuando mueven la barita”, afirma Uxia. Á comitiva unese Susana, titora do grupo, e Miguel, director do “Chouzo”. “Me encanta verlos disfrutar, que se expresan con tanta espontaneidad”, responde o director mentras esperan o turno de entrada na Sala Pedra Seixa para disfrutar de “El parque enfermo”, obra que levan preparando dende o inicio do curso dentro da formación xeral que lles ofrecen aos seus alumnos e alumnas.