Jorge Gallardo, alumno de Segundo de Intrepretación da Esad de Galicia, comparte con nós a súa experiencia na montaxe “O cuarto de Giovanni”, dirixida por Roberto Cordovani e da compañia Teatro Arte Livre, e que ainda está en carteleira en Vigo.
¿Que te levou a participar na montaxe de Cordovani?
Pois primeiramente foi a raíz do contacto de Cordovani cara min . Diversas persoas falaronlle de min e fixome unha proba. Co cal levoume a participar neste proxecto. Unha vez que puiden ver de que se trataba, pareceume un proxecto moi interesante cunha temática moi forte e moi pouco usual, xa que trata dun polémico romance homosexsual dos anos 20. Polo tanto decidin embarcarme nesta obra con gañas de xogar nun ámbito moi diferente ao que levaba traballando anteriormente. É outro punto destacable foi poder compartir táboas con Roberto Cordovani, un actor moi experimentado, no que vin un punto de apoio eficaz e gratificante para miña formación como actor. Creo que esto tamén me influí moito a participar nesta obra.
¿Que foi para ti o máis interesante do proceso creativo á hora de realizar esta montaxe?
O máis interesante non sei como decilo pero o que si foi, é que foi un verdadeiro reto, ter que facer o proceso creativo nun período de 12 dias. Tiñamos esa pequena gran dificultade jeje… eu tiña que facer todo o meu traballo nun plazo de 12 días xa que tiñase que estrear, cunha data fixada. Para min o interesante era saber si conseguiría facer o traballo nese pequeno tempo, e ca ilusión de dar todo o meu esforzo cada día era moi interesante.
¿Con que dificultades te atopaches como actor? Que retos? Que conseguiches, que descubriches grazas a este traballo?
Dificultades foron moitas e moi variadas, dende ter que aprender un texto extenso nun prazo tan curto. Era algo que me asustou e asustaba en todo momento. Ter que estar ao 120% en cada ensaio todala montaxe para min era coma unha contrareloxio. Xunto ao texto xuntabanse as accións, tiñan que ser moi limpas e claras. Xa que a obra é moi naturalista minimalista. Tiven pequenas dificultades coa proxeción de voz que pronto se solucionou grazas ao apoio de Cordovani e ao meu esforzo por mellorar día a dia. E retos foron por exemplo ter que coidar as miñas accións, os meus momentos, xa que ao xogar no código minimalista naturalista todo importa e ten que ser moi limpo e conciso, e a min persoalmente costoume no feito que son moi xesticulador etc.. e tiven que facer menos. Menos é máis, foi o que me quedou grabado en cada día de ensaio. Reto foi ter que sacar como ben mencionei antes un proxecto en tan corto plazo. Foi o reto dos retos. E, porsuposto, estou moi orgulloso e contento de poder conseguilo. O que conseguin foi ter máis confianza en min mesmo e que nada é imposible. Tamén descubrin que hai xente que te axuda a conseguir ese reto a facercho máis doado. E descubrin un personaxe que me cautivou moi fondo que é o de Giovanni, ese fermoso Italiano sufrido.
¿Que destacarías desta montaxe de cara ao que ofrece ao espectador?
O espectador sentiráse incómodo na butaca. Podo destacar que se sentirá cautivo nunha atmósfera moi cinematográfica, xa que o xogo de luces e composición musical teñen ese obxectivo. Veráse moi involucrado nese romance cunha escenografía moi sinxela e minimalista que fará espertar con emoción os seus sentidos.