Como montar unha comedia en “tempo record”: Fer González, en “Historias peregrinas”

Fernando González, alumno de Cuarto de Interpretación da Esad de Galicia, comenta a sua experiencia na última montaxe de Teatro do Noroeste,  Historias peregrinas, escrita por Miguel Anxo Murado e dirixida por Eduardo Alonso.

1. Como foi o proceso creativo da vosa montaxe?
Comentoche. O método de creación que utilizamos é bastante pragmático e eficaz. Primeiramente facemos unha análise de mesa sobre o texto dividido en escenas. Buscamos obxectivos principais da obra e obxectivos dos personaxes en cada unha das escenas. Unha vez feito ese traballo meramente teórico subimos ao escenario a crear partituras escénicas respectando os obxectivos elexidos. Este método de creación axuda a que o actor non se perda nun espazo baleiro e atope os impulsos para crear as relacións entre personaxes. Por suposto, o director dende fóra corrixe  movementos luxos e demais aspectos que o actor non pode ver dende arriba.

2. Que atopas máis interesante nese proceso? Ou que destacarías?
A liberdade que ten o actor para crear a partitura escénica, xa que unha vez subes á táboa tendo claro os obxectivos podes transitar coa liberdade individual que temos cada un dos actores

3. Que dificultades ou retos te atopaches como actor? Que conseguiches na creación do teu personaxe?
A máxima dificultade é a presión de ter unha estrea nun día determinado e saber que tes que resolver no menor tempo posible. É dificultoso pero, ao mesmo tempo, beneficioso para o actor, xa que unha vez coñeces os teus mecanismos corporais, es capaz de estar no que tes que estar en moi pouco espazo de tempo.
Na creación do meu personaxe conseguín identificarme co individuo que represento ata tal punto que por veces, aparecen mecanismos de personaxe na miña vida cotiá. É algo que me sorprende moito, por que empaticei moito coa personalidade do meu personaxe.

4. Que destacarías que aporta esta montaxe ao panorama teatral actual, de cara ao espectador?
Hai que ter claro que existen diferentes tipos de teatro e que todos está encamiñados a un determinado público. Nesta montaxe buscamos crear unha comedia comercial que sexa agradecida para o público real e obxectivo e penso que conseguimos que a xente que ven a ver a peza pase 1H 30 min de risas e entretemento, e penso que é importantísimo que exista este tipo de teatro ainda que tamén penso que non debe de ser o único. Neste tipo de arte ao que nos dedicamos caben todo tipo de manifestacións artísticas (críticas sociais, entretemento, filosofía, política, amor, burla e escarnios ás clases sociais, manifestacións contemporaneas e alternativas, diferentes formas de ver o mundo, etc..) e isto é o que fai que o teatro sexa algo tan marabilloso e chegue a tanta xente.

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s