Isma Martínez: novela negra e interpretación cara unha nova maneira de mirar

Isma Martínez, alumno de Primeiro de Interpretación da Esad de Galicia, ven de presentar a súa primeira novela. Titulase Lembranzas e está editada polo Taller do Poeta.

1. Que atopas no feito de escreber? Que te aporta? E en escreber novela negra? Que te aporta este xénero?
O feito de escreber é unha sensación única. Permíteche entrar e saír noutras vidas diferentes á túa. Ademais, ti podes elexir todo aquilo que queres que suceda, por á luz uns feitos e escurecer outros. Hai que ter en conta que cando escrebes unha novela, acabas simpatizando con todos os personaxes, cos bós e cos malos. Son figuras da túa propia invención e a súa vida nas páxinas do libro depende de ti.

Escreber aportame moitos conhecimentos pero tamén sentimentos. Mentras escrebo, esquezóme da realidade que vivo, para construir outra.

Boeno, hai moita xente que ve unha realidad diante dos seus ollos, moi distinta á que realmente está a suceder. Nas minhas novelas, na que acabo de publicar e nas futuras, intentarei plasmar unha realidade real. A vida, agás para uns poucos, non é doada. Quero reflectir a soedade e a amargura de moita xente, o odio e a traizón, a mentira e a verdade. Tamén, moitos dos valores que estableceu a sociedade, como a amizade, o amor e a fidelidade entre outros, poden verse e de feito vénse esquezidos en moitas situacións. É de especial importancia para a construcción dos personaxes os diferentes puntos de vista das escalazóns sociais da xente. A novela policíaca e negra, permíteche retratar estes aspectos.

Como xa dixen, este xénero aportame a capacidade de transmitir os aspectos máis duros da vida.

2. Cal é o argumento, brevemente, da tua nova novela?

A presenza dun rapaz na vida de catro vellos amigos, fai que as súas lembranzas se convertan en feitos. Así, os negocios e as andainas que tiveron que pasar e das que tanto falaban, subiron a flote. En pleno século XXI, coa sociedade de hoxe en día onde priman os cartos, que pasa si volvemos ao contrabando do tabaco?

3. Cantas tes xa editadas e en que anos?

É a minha primeira novela.

4. Que leva a un novelista a estudar Interpretación nunha Escola Superior de Arte Dramática?

Creo que a interpretación e escreber son como irmáns. Grazas ás dúas podo complementar aspectos entre elas. Ademais, sempre será un orgullo para min poder representar ou ver representar unha personaxe á que eu lle din vida, nunhas poucas páxinas.  Iso é algo que che enche por dentro.

5. Que atopou este novelista en xa case medio ano de inmersión na Esad de Galicia?

Na ESAD de Galiza ademais de estudar algo que sempre me agradou, atopei moitas cousas que non tivera antes e encontrei valores tan importantes que tinha esquezidos. Aprendín a confiar un pouco máis en min e a ver a vida con outro cristal diferente.

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s