Rubén e Martín: un par de moscas no “Marta Sieiro”

Rubén Rodríguez e Martín Souto, alumnos de Segundo de Interpretación da Esad de Galicia, receberon o Premio “Marta Sieiro” na súa última edición, ao igoal que Toni Martínez, éste na modalidade individual, o pasado 25 de marzo. Rubén e Martín comparten con nós a súa experiencia do proceso creativo.

1. Que vos levou a presentarvos ao “Marta Sieiro”?

Os dous tiñamos moitas ganas de facer teatro xuntos e pareceunos un bo momento para facelo.

2. Que vos aportou o reto de crear un proxecto escénico?

Sobre todo aportounos diversión. Ainda que foi un traballo duro no que houbo moitos altos e baixos, creo que todo o que sacamos en limpo foi positivo. Comprobamos o importante que é o traballo en equipo e a comunicación a hora de levar adiante a nosa proposta escénica. En definitiva foi realmente satisfactorio.

3. Como atopastes a vosa proposta? A vosa linguaxe?

Tiñamos claro que queríamos facer unha comedia xestual. Empezamos o traballo desde improvisacións das que fomos sacando as accións, relacións dos personaxes, etc. Para facer este traballo contamos coa axuda de Manuel Polo que nos votou unha man aportandonos a visión externa. Cando conseguimos o material suficiente para levar acabo a proposta empezamos a montar.

4. Que dificultades atopastes?

Moitas, a verdade. Pero a principal foi conseguir unha “caca” o suficientemente grande como para que o noso traballo en escena tivera sentido. Para iso contamos coa axuda de Ana Duarte que nos preparou a nosa peculiar escenografía.

5. Que vos gostou máis de toda esta “aventura”?

Pois sobre todo a gran axuda que recibimos. Dámoslle as grazas a Polo, Ana, Sheyla, Cucho, Omar e a todos os compañeiros que non dubidaron en botarnos unha man.

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s