O universo de Eva e Melania, con dondo sabor a mazá

Melania Pérez e Eva Souto protagonizan a peza Rúa 26, dentro da montaxe O dondo sabor das mazás, que o día 22 estrearáse na Esad de Galicia sobre textos de Alvaro Cunqueiro. Nesta entrevista falan do seu proceso creativo en Rua 26.

Os ensaios comezaron despois do Nadal pero elas receberon o texto antes do Nadal. Viviron o proceso con moita intensidade e paixón. Entre elas xurdiu un vínculo moi profundo e tamén cos seus personaxes. Foi un proceso moi especial para Melania e Eva, que viviron en duo, porque os grupos das diferentes escenas traballaron por separado e con procesos distintos, que nunca se relacionaron.

A alma do personaxe

“Antes do Nadal comezamos a elaborar a alma do personaxe, mentras íamos memorizando o texto. Xavier pediunos que buscáramos os rasgos que tinhan ou as vivencias relacionadas, os trazos do seu carácter -explica Eva-. Fomos recollendo información do que había no personaxe, a partir do texto. Unha das cousas que descubrín, por exemplo,  eran elementos punzantes e metálicos, agullas, chinchetas…”

“Eu atopei -recorda Melania-, que ese personaxe era o desorde organizado. Había cousas aparentemente desordeadas, ás que el lles daba un sentido. Ademais, que era un personaxe infantil. Había moitos elementos de xogo. Vin que o meu personaxe tinha as ferramentas para descobrir cousas pero non sabía como. Era un personaxe con demasiadas cousas na cabeza, nun universo illado do que non podía saír.”

“O primeiro ensaio foi sobre unha mesa, con persoas que vinhan como ointes: axudantes de dirección, escenógrafos… -aclara Eva- Nel tivemos que amosarlle os rasgos da alma do personaxe. Creamos así un “mural” coas cousas físicas do personaxe, os seus obxectos (sobre un soporte). A isto lle chamamos alma. E logo compartimos os murais.

O primeiro ensaio (despois do da mesa) foi sair da aula e entrar e observar o mural como nun museo, observar a alma do personaxe do outro.”

Do mural á máscara do personaxe

“Pasamos a outro tipo de interrelación cos murais -continúa Melania-. Puxemolos (cada unha co seu propio mural) para que os puderamos ver e facíamos un quecemento e nel intentabamos atopar a máscara do personaxe, como se despraza, que relación ten co espazo. Todo isto o fixemos individualmente. Non había relación co outro personaxe.

O seguinte paso foi ponher en contacto esa alma co noso corpo. Trasladar esa alma a nós. A continuación, veu a interrelación e, despois dela, empezamos a usar texto,  pero non literalmente. Collíamos momentos do texto ou cousas que nos podían suxerir. Creamos unha secuencia de accións e logo repetíamolas ca alma do personaxe.”

“Xavier observaba eses ensaios -apunta Eva-. Nós chegabamos e entrabamos na máscara do personaxe. Ao millor nos daba unha indicación: hoxe, facedeo todo grande, a máscara enorme ou, hoxe, a voz… Sempre nos daba unha premisa inicial sobre a que traballar a secuencia de accións e texto.

Unha indicación segreda

Dende moi cedo, antes mesmo de ver a alma do personaxe, eu tinha unha indicación para o proceso que Melania tinha. “Puteala”, por exemplo.”

“Tinha que facerme aprender pero de forma indireita -explica Melania-.”

“Xavier me pedía que conseguira que Melania (o seu personaxe), se sentira frustrada, “que se enfade contigo”, decía Xavier -confesa Eva-“.

“Dende o principio tinha unha lupa que logo pasou a ser un anteollo e vía o mundo a través de el. Eu non sabía que (o personaxe de Eva) me estaba ensinando a ver -aclara Melania-.”

“A minha función era ensinala a ver -corrobora Eva-.”

“Ver sin pasalo por un filtro -continúa Melania-, un anteollo ou unha lupa… Foi emocionante! Eu non era consciente dese engano. Eu estaba no meu mundo, un personaxe moi infantil e me deixaba levar… Entón nun ensaio…”

“Esto foi transversal -comenta Eva-. Logo traballamos co texto. Había tres réplicas do final que eran inclusivas. Nunca traballabamos co final. Fixemolo cando ela (Melania) descubriu o que pasaba. Entón empezamos a traballar co final do texto.

A partir de aí, Xavier empezou a montar co que xa tinhamos. Foi moi técnico, pero resultaba moi natural porque o texto encaixaba perfectamente nas accións, porque contaba a relación e como evolucionara.

É un texto moi complexo, un texto filosófico montado a partir de metáforas, no que aparentemente non había acción,  a parte da dos diálogos. Non sei si coindicimos? -pregunta Eva a Melania-.”

“Sí, sí, totalmente. Despois da montaxe o texto empezou a cobrar sentido -explica Melania-.”

Recordame un pouco a Esperando a Godot esa relación de duo dos personaxes…

Non -apunta Melania-, nós tinhamos un universo propio creado. No meu caso -aclara Eva-, era como unha caixa de teatro onde todo era imaxinario. Si te das conta de que todo é imaxinable, ese baleiro podes enchelo co que tu queiras. Para min ese personaxe, o de ela, só vía a caixa baleira. En nengún momento estabamos esperando, nin que sucedera nada. O que pertenza ao mundo do onírico non é o mesmo que o absurdo.

Para o meu personaxe non había nada absurdo -reafirma Eva-. Estaba vivindo esa situación intensamente. Había un motor que estaba en continua busca. Para nós que o texto tivera un múltiple significado non quere decir que fora absurdo, senon que tinha significados moi concretos -remata Eva-.”

“A función concreta dela era ensinar a ver e eu ver, pero non sabía que ela era a que me ía ensinar -explica Melania-.”

Que foi o máis difícil de todo este proceso?

“Nós dende un principio dedicamonos a xogar -responde Melania-. Non buscabamos un resultado. Non nos importaba. Estabamos tan contentas, atopamos moitas conexións e divertíamosnos e disfrutabamos de cada ensaio. Eu xa tinha ganhas de traballar con ela (Eva).”

“Traballabamos dende esa sensación de facilidade -continúa Eva-. As indicacións de Xan non eran nada que nos limitase. Eran ferramentas para o xogo. Eran tan amprias! Como un xoguete máis. Foi moi chulo!

Era algo moi íntimo, moi privado. Non é algo construído para un público. Era un xogo que nos pertencía a nós. Era un proceso comunicativo que se producía entre nós, non dende o plano da realidade senon da ficción.

Cobran significación as palabras e queres a túa personaxe. Os personaxes viven a través de nós, pero son entidades diferentes.”

“Nós axudamoslles a saír pero saíron eles como eran. Si saíran a través doutra persoa serían diferentes -aclara Melania-.

Non habia unha preconcepción do personaxe. Había un home branco e un home negro. Foron conformándose a medida que pasaron os ensaios. Fomos descubrindoo pouco a pouco, durante todo o proceso.”

O texto conlevou dificultades?

“O texto é moi diferente a outros textos -contesta Eva-. O galego de Cunqueiro é bastante distinto ao que eu utilizo normalmente. Pero tampouco era algo que tiveramos moi presente.

“Como abordamos o texto pouco a pouco -continúa Melania-… todo foi froito do proceso, do traballo… fomos descubrindo o significado do texto a través dos personaxes, da relación dos personaxes…”

“Si chegas a memorizar ese texto, sería difícil. Pero o proceso non foi así. O texto foi chegando. Non foi algo imposto. Foi como un elemento máis.

O texto empezou a formar parte do traballo cando Xavier dixo, vamos meter algo de texto.”

Como foron os ensaios?

Eran poucas horas pero moi intensas. Sacabamos moitas cousas pero non guardabamos nada. Chegaban, e na seguinte sesión, como había outra indicación… inconscientemente o personaxe gardaba. E despois saían na relación. De xaneiro a marzo ensaiamos unha vez ou dúas á semana. A nosa actuación na Jam tamén foi un ensaio máis, nun espazo diferente. Tomamolo como unha excursión pero a min parecíame que era o mesmo sitio -confesa Eva-.”

Non hai un desgaste coa repetición?

“A escena é circular -comeza Melania-. É unha trasposición do universo dos personaxes. É algo que cada vez que se vive, vivese por primeira vez. Non se modifica nada. Para o meu personaxe todo é novo. É como un neno… e para o teu é facerme ver a mín, unha e outra vez.

Aínda que está fixado -aclara Eva-, o está para nós, as actrices, pero non para eles. Transitan polo espazo de maneira natural. Non hai nada fixado. Está todo moi aberto.”

Traballastes cos outros actores e as outras actrices?

Non sabemos o que os outros tenhen. Non falamos deso. Non hai nada máis para nós que Rua 26 -conclúe Eva-.

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Acontecementos, Uncategorized coas etiquetas , , , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s