A Esad e as novas tecnoloxías nas artes escénicas

A fundación CEER, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Tras Os Montes Alto Douro, o grupo teatral catalán Konic Theatr, a Fundación i2CAT e a Universidade de Vigo xunto coa ESAD de Galicia imos participar nunha breve experiencia sobre a aplicación das novas tecnoloxías ás artes escénicas. Abrimos á comunidade escolar esta experiencia. Existe unha lista en conserxeria onde podedes apuntarvos si vos interesa participar. E condición necesaria dominar a dicción en lingua galega. A experiencia terá lugar a través de videoconferencia os dias 30 de novembro e  1 e 2 de decembro no Cuvi de Vigo. Os primeiros dous dias serán os ensaios e o dia 2 terá lugar o espectáculo, que poderán ver os espectadores tamén a través do espazo virtual de Internet. O horario é de 10 a 14.00 horas e os profesores responsables son Afonso Becerra e Zaida Gómez.

Publicado en Acontecementos | Etiquetado , , , , , , , , , | Deixar un comentario

Accións contra a violencia de xénero dende a Esad de Galicia

Os alumnos da Esad de Galicia, partindo da proposta da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, participan en catro xornadas contra a violencia de xénero. Realizarán accións escénicas en espazos públicos. Este xoves, 4 de novembro, ás 11.30 horas, terá lugar a primeira acción no Mercado do Calvario de Vigo.

O vindeiro 11 de novembro, ás 19 horas, farán unha nova acción escénica no Centro Comercial As Travesas, e o 18 de novembro, tamén ás 19 horas na Estación de Renfe. Para rematar con este ciclo, que ten por obxectivo sensibilizar á poboación sobre a problemática da violencia de xénero, os alumnos da Esad, baixo a dirección e coordinación de Mariana Carballal e Alberto Romero, actuarán o dia 25 de novembro ás 11.30 horas no Marco de Vigo.
O equipo artístico está integrado polas alumnas e alumno da ESAD de Galicia
Areta Bolado, Begoña Míguez Méndes, Sara Fernández Aguayo, Noelia Fernández Castro e Brais Fernández Barral. Ademais conta co equipo técnico do IES Audiovisual de Vigo.

Publicado en Acontecementos | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

“Que me pasa doutor?” Reflexión nas xornadas da Aaag

Preguntámonos actores e actrices da AAAG o pasado día
27 de outubro nas Xornadas Terapeuticas que se celebra
ron no santiagués Pazo de Raxoi que, por se alguén non
o sabe, é un edificio de pedra detrás da monstruosa es
tructura destinada para a vindeira visita do papa. 
As xornadas dividíronse en dúas partes: unha pola maña,
especifica das artes escénicas, e outra pola tarde,
especifica de audiovisuais.
Na das artes escénicas, con máis participación, falouse
da problematica dos cartos e dos retrasos nos pagos, das
programacións e do CDG a grandes rasgos e, lamentable
mente, falouse demasiado sobre o polémico casting aberto
do CDG para"Salomé", sobre quen ou que titulacións de
bían ter máis dereitos, sobre como foi a convocatoria,
sobre o inxusto da resolución, unha mágoa o tempo que
se gastou neste tema.

Pero non foi todo discusión sen contido, tamén houbo
espazo para informar acerca do novo regulamento da Rede
Galega de Teatros e Auditorios, da Rede Galega de Salas
e da AGADIC para o que se contaba coa presenza María Pa
redes, coordinadora de programación da AGADIC. Tamén se
puxo sobre a mesa o papel da ESAD no panorama teatral
galego, cousa que non remata de ter unha opinión asenta
da e xeral pero, en resumidas contas, agárdase que esta
entidade se comprometa moito máis co teatro galego que
xa existe. Penso que na cabeza de todos/as participantes
das xornadas rondaba a idea de que a ESAD debería terse
creado hai máis de vinte anos para que agora non tivera
mos o problema de "crear" novo público consumidor de tea
tro e asi xa tería a posición que se agarda dunha escola
superior.
Pero o certo é que os asuntos dos que se trataban as xor
nadas non atoparon solución, quizáis foran demasiados e
demasiado profundos como para solucionalos nunha mañá.
O principal problema é que o público non ten necesidade
de gastar en teatro e, polo tanto, péchase o grifo das
arcas públicas e as compañías profesionais teñen que 
afrontar os vindeiros anos soas. Ao mellor, as compañías
grandes que teñen caras coñecidas para a xente non terán
tanto problema, pero a pequena compañía afógase e éstas
non teñen a posibilidade de denunciar aos concellos que
non lle pagan ante a AGADIC por temor á non contratación.
En resumo: "agarrádevos!" o mellor está por vir.
Nas xornadas da tarde houbo outro ton completamente dis
tinto. Todos os asistentes aportaron posibles solucións
e preguntas sen pretender levar a razón, realmente, pen
so que o ton era máis conciliador e de intento de atopar
solucións que nas xornadas matutinas (será polo carac
ter artístico das primeiras?). O caso é que dende o máis
coñecido Luís Tosar o máis descoñecido todos aportaban.
Os poñentes puxeron de manifesto que, efectivamente, a
cousa está mal, o responsable que falaba por boca da TVG
falou moi ben dunha chea de números que veñen a resumir
que "para quen é meu pai vale ben miña nai", é dicir,
cos poucos cartos que temos facemos un traballo estupen
do e, a verdade, o resto dos presentes estivo moi dacor
do con esta conclusión. O maior problema que os Actores
e Actrices teñen en Galicia, sexan de artes escénicas
ou de audiovisual, fixérono patente Morris e Tosar: non
temos promoción nin distribución ningunha.
Fallamos en tódolos eidos distributivos e promocionais,
a xente segue sen enterarse do que existe culturalmente
en toda Galicia e isto non é de todo culpa nosa, pero
sí que temos que atopar novas vías para atallar un pro
blema ao que se debía ir dando solucións hai vinte anos,
xa que o público non ten necesidade de teatro, nin de
series, nin de cine galego, imos a centrar esforzos en
crear esa necesidade e, de paso, non rematar co pan
para hoxe...
Quizáis tamén as solucións pasen por que as entidades
que se adican á promoción, distribución e, sobre todo,
á educación de actores e actrices, se ocupen tamén de
que se formen en distribución, marketing, ventas,
empresas ou cousas que lles poidan valer para non chegar
á porta dun programador sen saber que dicir.
 
 
        Alex Sobrino
 Xerpo Cultural, SLNE
alx.sob.fag@gmail.com
 alex.sobrino@me.com
        639 692 955
http://gallery.me.com/alex.sobrino#gallery
http://www.youtube.com/user/carracido36
Publicado en Acontecementos | Etiquetado , , | Deixar un comentario

“Humano”: produto dun cabreo

De onde es?

Son de Vigo (1965)

Aos dezaoito anos quería ser actor e marchar á Resad, a Madrid. Por falta de “tempo” (= léase frotando o polgar co índice da mesma man) non puido ser e quedei aquí condenado a estudar unha carreira universitaria que, desde logo, non rematei. Por sorte a posta en marcha da Esad de Galicia permitiume facer aos 45 anos os estudos que sempre quixen facer, aínda que co paso dos anos a miña elección fora a dirección de escena.

Comecei co teatro na Escola Dramática Galega aló polo ano 1984. No ano 1986 pasei a formar parte da compañía Itaca de Santiago onde comezou unha formación máis intensa e multidisciplinar.

No ano 1988 entrei na compañía de teatro afeccionado Avento de Vigo como actor e desde o ano 1992 levo dirixidos todos os seus espectáculos. Por que? Porque o anterior director deixou o grupo e eu desexaba seguir dicindo cousas!

Como xurde o proxecto “Humano. The Game”? Cal foi o proceso creativo?

Como ven sendo habitual nos últimos anos, Teatro Avento crea os seus espectáculos a partir dunha serie de premisas que máis tarde son desenroladas polos membros da compañía. Cada membro aporta o seu punto de vista, a súa visión sobre un tema determinado e co seu imaxinario comeza a crear personaxes e situacións improvisadas. Como director tócame seleccionar, reconducir, motivar, fragmentar, compoñer…

Humano. The game é produto dun cabreo. En teatro Avento estabamos ( e seguimos estando) enfadados. Si, moi enfadados con moitos aspectos das nosas vidas: cos políticos, cos funcionarios, con certos estamentos da nosa sociedade que tentan impoñer unha “moral verdadeira e única”, coas novas maneiras de socializar, co “mal” uso de internet, co medo ao contacto humano, coa prepotencia dos instruídos, coa vagancia dos ignorantes, coa precariedade de traballo, co postureo dos insumisos, coas cancións protestas que só arranxan o propio peto, cos trepas, os enlaces sindicais, cos xefes que pensan que todos somos unha familia… pero con quen máis enfadados estamos é con Teatro Avento. Si, con nos mesmos estamos tremendamente cabreados.

Mais, cando estamos cabreados, dásenos por rir. E por iso naceu Humano The Game: para botar unhas risas mentres xogamos ao xogo da vida que , se nos paramos a pensar, ten coña

Por que na asociación Val do Fragoso?

Por cuestións prácticas. É o local onde ensaiamos e onde gardamos o material. Facelo no auditorio da escola implicaría limitarse aos horarios nos que a escola está aberta. A esas horas os membros de Teatro Avento están cumprindo nos seus respectivos postos de traballo. Outra solución sería contratar a xente para a carga, descarga e montaxe da escenografía, iluminación, etc… Pero non teño un duro! Como é sabido, este ano non houbo aportación económica para os proxectos fin de carreira. Ante a nosa sorpresa houbo como resposta un: ”búscate a vida”. E iso foi o que fixen: buscarme a vida!

E o primeiro proxecto de Fin de Carreira que vai ter lugar foro do recinto escolar?

Non sei se é o primeiro, pero sei que non é o único.


Obstáculos que tivestes que superar no proceso creativo e como o fixestes?

Humano . The Game é bastante complicada a nivel “tecnoloxías”. Cantamos en directo, hai proxeccións de vídeo, música de creación propia… Manexar todo iso deu bastante lata, pero, o maior problema é a falta de tempo. Ensaiamos dous días á semana roubándolle horas ao descanso. As dúas ou a tres da noite non se rende como un desexaría. Benvidos a o teatro amateur. Gustaríame ter máis tempo para afinar detalles.

Para que che serviu? Foi unha oportunidade de investigar? Como e que?

Aprendín unha morea de cousas durante o proceso. A verdade e que sempre estou aprendendo! Coñecer os límites e as posibilidades de distintas linguaxes para saber como sacarlle partido e utilizalos para outros espectáculos(como a manexar programas de creación 3D por ordenador, por exemplo).

Serviume tamén para probar recursos empregados no teatro Brechtiano, e aprender das súas posibilidades e os perigos do seu uso e abuso.

Agora contestame co primeiro que che pase pola cabeza ás seguintes palabras:

Humano? Somos todos tan iguales!
Xogo? Teatro
Vida? Xogo
Gañar Traballar no que che gusta.
Perder? Nunca. Sempre nos queda algunha vida extra.
Sensibilidade? Algo que todo o mundo ten. Mais o menos agochada.
Empresa?
Algo que haberá que facer. Buff , que pereza poñerse con IVE! Algún produtor entre os lectores deste blog?
Equipo?
A mellor maneira de crear en teatro.
Responsabilidade?
XD (= que me río, que algo me fai graza… XDDDD)
Director?
O que son
Actor?
O que comecei sendo.

 

Publicado en Acontecementos | Etiquetado , , , , , , , , | Deixar un comentario

A Plataforma Virtual de Aprendizaxe Teatral, a partir do 2011

A primeiros do 2011 entrará en funcionamento a Plataforma Virtual de Aprendizaxe Teatral, creada dentro da Rede Iberoamericana de Ensinanzas Superiores en Teatro, RIEST. A RIEST naceu en setembro deste ano 2010 no seno do I Congreso Iberoamericano de Pedagoxía Teatral, que aconteceu no mesmo mes na Esad de Galicia, en Vigo.

A RIEST xurdiu ca finalidade de promover o intercambeo de recursos, profesorado e alumnado e para profundizar nesa laboura unha comisión de cinco escolas está a traballar na creación da Plataforma Virtual. A Esad coordina o traballo para ter listo o primeiro esbozo a primeiros do 2011, “os links e a presentación”, explica Daniel Salgado, profesor de Dirección de Escena na Esad de Galicia.

“A Plataforma será un lugar físico na rede que serverá como punto de encontro virtual común das escolas de Iberoamerica. Ademais será un punto de almacenaxe de recursos educativos: documentos, vídeos, espectáculos, grabacións de clases, etc. Un soño que nos gostaría plasmar”, explica Daniel Salgado. Esta Plataforma Virtual suporá vinculacións reais de coñecemento entre os procesos formativos de Iberoamerica. “Saberemos que se está facendo noutros lugares. Teremos a visión e audición do que está a pasar sen necesidade de viaxar ali”, aclara Salgado. “No ensino superior o profesorado que non escrebe é descoñecida. Hai que darlles un valor, para que podan expoñer o seu traballo”, continúa.

Esta Plataforma serverá para o intercambeo de recursos educativos pero tamén para coñecer as escolas de cara ós intercambeos de alumnado e profesorado. “Coa Plataforma teremos a posibilidade de suministrar material gratuito e público polo beneficio educativo xeral”, conclúe Daniel Salgado. Para a Esad de Galicia, como centro público, é unha necesidade asumir este compromiso.

A RIEST ainda non é unha entidade xurídica e calquer escola que desexe formar parte dela debe porse en contacto coa Esad de Galicia para rexistrarse. Si a iniciativa calla e existe un compromiso dos integrantes constituirase xurídicamente.

Publicado en Acontecementos | Etiquetado , , , , , , | Deixar un comentario

Alumnos da Esad no “Bicentenario de Vigo”, mañá

Mañá ás 19.00 horas en fronte do MARCO de Vigo actuarán por última vez alumnos da Esad de Galicia en colaboración con alumnos do Conservatorio Superior de Música e o Conservatorio Profesional de Música, dentro dun acto organizado pola Plataforma “Outro mundo” e no que tamén colabora o Concello de Vigo. Este acto enmarcase nos actos do “Bicentenario de Vigo”.

Xa a semana pasada, os dias 13 e 15, participaron varios alumnos ofrecendo traballos de Movemento Expresivo, Coreografías e Esgrima.

Publicado en Acontecementos | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

“Sede”: Marcos e Alexandre, director e actor

Sede nace como un proxecto de Fin de Carreira “presentable”. Para Alexandre é “unha posta en escena da obra de teatro de Marcos coas ferramentas adquiridas. Necesitaríamos unha preestrea e máis funcións para que aspirara a ser un espectáculo”, explica Alexandre Couceiro. Marcos Grande, autor da obra teatral, asinte. “A estrea do espectáculo debería ser sempre un punto de inflexión. Non é un final. Enfrontate co espectador e a partir de ai modificas cousas…”, reflexiona de novo Alexandre.

“O unir un proxecto de Dirección cun de Interpretación xurde o problema de que non só actúo como actor senon que son unha persoa a examinar. Vivo asi unha presión e debo cumprir cuns requisitos e adaptar o proxecto de Marcos ó meu proxecto”, comenta Alexandre. “”Sí, o personaxe non estaba diseñado para un actor que se examinaba. O personaxe máis miudo era el. Tivemos que amplia-lo o máis posibel, dentro dunha dramaturxia miña moi limitada”, explica Marcos Grande.

Marcos Grande inspirouse na experiencia de Teodor Gericault e o seu cadro “A balsa da medusa”. “Interesabame a historia -aclara Marcos-. Gericault viviu un naufraxio e o obsesionou. Quería representa-lo con tódala súa crudeza, facer un cadro sobre unha escena real. Cando as víctimas foron ve-lo desmaiaronse pola súa realidade. Ademais inspirei-me na fotografía de Kevin Carter e a historia do fotógrafo. Mostra unha nena somalí a gatas na terra observada por un buitre. El era somalí, fixo a foto e marchou. Non fixo nada. Despois de receber o Pullitzer no 94 preguntaron-lle por iso e ós tres meses el suicidouse”.

“Centrei a dramaturxia na obsesión dun home que quere conseguer unha obra de arte que plasme a crudeza dunha escena, pero é capaz para face-lo de infrinxir calquer norma ou valor humano”, continua Marcos Grande. A peza conta con catro personaxes, liña de acción e non ten postdrama, explica o director.

Sede

Marcos: Home, eu diría “Sede, de que?”

Alexandre: Viño.

Dor

M.: Arrepentimento.

A.: Calquera cousa pra sobrevivir.

Vida

M.:… diría “Sede”

A.: Movemento.

Un home

M.: Un mito.

A.: Un home?… desexo.

A historia

M.: Algo no que se pode facer trampas e que se escrebe nos ordenadores.

A.: Camiño.

Actor

A.: Ja, ja.. Mundo, mundo. Un mundo de cousas…

Director

M.: Alguén que quere facer todo pero necesita valerse de tódolo mundo.

Publicado en Acontecementos | Etiquetado , , , , , , , , , , , | Deixar un comentario

Unha investigación “sen título”: Eva Freixeira

Eva Freixeira (O Barco de Valdeorras, 1978) presentou de novo hoxe na Esad o seu proxecto Fin de Carreira en Dirección de Escena. Anteriormente licenciouse en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e recibiu unha beca Erasmus en Manchester, Inglaterra. Xa publicou un texto na revista Casahamlet e no ano 2009 a obra Ofelia coa editorial Laiovento. Tamén foi finalista dous anos do Premio de Teatro Radiofónico.

A súa familia é orixinaria de Portugal e os seus inicios en Galicia non foron doados. Neste proxecto deuse o dereito de buscar para crear, para conxurar as dubidas sobre o que fai. “Non é que non esté convencida se non que necesito crer máis no que fago, ainda que sexa diferente”, aclara. Sen título xurdiu según ela a partir da nada, “sobre un concepto que era a beleza. Non tiñamos texto nin nada”. Decidiron investigar, porque viron na escola o contexto ideal para face-lo. “Fora é máis difícil -afirma Eva-. Falta a xente e sen actores non podes crear nada. Necesitas de actores, xente comprometida que saiba que no teatro non te vas a forrar, que hai que probar e logo esperar a que ó millor pase algo. Por exemplo, Matarile conseguiu ter esa estrutura de xente tola como ti que cre no que fas”.

Di ser impaciente, perfecionista e traballadora. “Teño moitas ideas”, confirma cun sorriso. Xa realizou varios proxectos antes de Sen título. Técnica mixta sobre linóleo negro. “Creamos un espectáculo de teatro de rúa sobre o ferrocarril en Monforte. A fase de xestión e produción foi o máis difícil. Ai non me sinto tan preparada. Á hora de tratar cos actores e actrices sintome moi ben e tampouco teño medo de quedarme sin ideas pero a parte económica e material costame máis”, declara Eva. Tamén en Monforte creou con dez compañeiros da Esad de Galicia un espectáculo para a Feira Medieval 2009.

Sen título creouse con moi pouco presuposto. “Non chegamos ós cen euros. Temos tres sabanas, tres neóns e tres caixas de folios cheas de botellas de cristal azul, que deixou eiqui Baltasar Patiño despois do seu curso e que ían para o lixo”, recorda. “Ter a xente e o espazo para traballar e para poder mostrar é o máis importante. Pero tamén o é que che paguen polo teu traballo e poder pagar ós artistas. En fin, laboralmente o vexo máis compricado ó sair fora da escola”, reflexiona Eva.

Sen título

Non me gostan os títulos. Cando escrebo é o último que fago. Gostame o título que escolle a xente, que me suxire cousas pero eu si o podo evitar evito-o.

Técnica mixta sobre linóleo negro

Gostame moito o linóleo negro. A primeira vez que o vin foi eiqui, na escola, en clases de danza. Para min significa traballo corporal, que me gosta. E Técnica mixta porque quería facer unha “peza-paisaxe”, concepto que se emprega moito nos cadros. O teatro é unha técnica mixta, que mestura linguaxes… o olfato, o tacto, o oído…

Portugal

Terra dos meus pais, que eu sempre rexeitein porque no colexo me vacilaban bastante. Empecein a ler e ver teatro en Oporto e entón empecein a coller unha identidade. Podo expresarme en portugués pero non son bilingüe. Ali só me queda unha casa en ruinas nunha aldea, que acaban de vender… coa parede desconchada… Gostanme as cousas vellas. É triste pero bonito… Quero recuperar o portugués e aprende-lo ben.

Publicado en Acontecementos | Etiquetado , , , , , , , , | Deixar un comentario

Vanesa Sotelo, Premio “Josep Robrenyo”

Vanesa Martínez Sotelo (1981), alumna de Dirección de Escena da Escola de Arte Dramática de Galicia, ven de gañar o XIII Premio “Josep Robrenyo”pola súa obra Memoria do incendio. Este premio concede-o a Asociación de Investigación e Experimentación Teatral, ligada á Universidade de Barcelona. E a segunda vez que o “Josep Robrenyo” remata en Galicia. A primeira fora no 2008 para Marcos Abalde Covelo pola súa peza Canibalismo, que próximamente será publicada na editorial Estaleiro.

Vanesa Martínez Sotelo, natural de Cangas, conta xa co Premio Radiofónico da Radio Galega 2010 por Indoor e co premio “Na Vangarda 2005”, da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, para a súa obra O asasino sorrinte, tradución da homónima de Jean-Marie Piemme. Ademais é autora de pezas como Azotea, presentada na Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas 2004.

Este mércores 13 de outubro, ás 17.00 horas, estrea na Escola de Arte Dramática de Galicia a súa derradeira obra e tamén Proxecto de Fin de Carreira, Kamouraska. Esta peza seguerá a ser representada en diferentes puntos de Galicia pola compañía Inversa Teatro, de Marta Pérez.

A estrea de Kamouraska integrase asi dentro da presentación dos Proxectos Fin de Carreira 2010 da Esad de Galicia. O dia 14 de outubro, ás 17.00 horas, estrea Eva Freixeira Teixeira Sen título. Técnica mixta sobre linóleo negro. O dia 15, tamén ás 17.00 horas, María Armesto e o dia 22, Marcos Grande e Alexandre Couceiro, ás 18.00 horas, Sede. Xa no mes de novembro, o dia 4 estrean María Rodríguez Piñeiro e Fran Buceta e Xoán Abreu.

Buceando en Kamouraska e Memoria do Incendio

Entrevista a Vanesa Martínez Sotelo

“Kamouraska”?

Mmm… Lugar, refuxo. E unha cidade do Quebec e o nome é dos indixenas de ali. Significa “xunqueira”, lugar onde hai xuncos…

Descubrin en 2003 a Daniel Danis nunha peza da Factoria Teatro, dirixida por Cristina Domínguez. Entón marchein como estudante de Xornalismo nun Erasmus a Rennes, Bretaña, Francia, onde coñecin uns amigos do Quebec. Fun ali visita-los e na viaxe ía vendo “Kamouraska… tantas millas” e de novo, de novo… asi pasou á recámara.

Logo nunha librería de Montreal, buscando un libro de Michel Tremblay, Marcel perseguido polos cáns, que fala de illas e cáns, atopein a obra de Danis O bico con lingua dos cáns de pedra, que acontece nunha illa imaxinaria do río Saguenay (outra vez illas e cáns -sorri Vanesa-). Esta obra a traducin e ainda non está publicada. É un texto con moitos personaxes.

Eu quería algo que me motivara como Proxecto Fin de Carreira e quería probar. Non tiña tantos actores e desexaba experimentar co teatro post-dramático do que tanto nos falara Afonso Becerra. Asi que collin tres mulleres do texto de Danis para o traballo de creación e fomos xerando un material moi diferente entre o amor e o desamor.

Recámara?

Lugar de recordos, para o sorriso. Lugar para mirar para o futuro.

Can?

Fidelidade, honestidade… a parte máis salvaxe que temos e que está domesticada.

Illa?

Penso en fronteira, límite… e nunha frase que me dixo un amigo, que non sein si dixo éste ou é doutro autor, “A fronteira sempre vai connosco”.

Terra?

Voute contestar con algo de Kamouraska: “Terra é lugar onde botar raices e que che impide un pouco mover.

Amor?

Uff!… imposible. Motor de todo e sobre todo cando é desamor.

Primaveira?

Primaveira, mmm… entre primaveira e primaveira de Praga… primaveira… época aparentemente cursi pero moi productiva.

Inverno?

Mmm… (Silencio)… mmm… ai, non sein… en Galicia, chuvia.

Escreber?

Mmm.. intentar explicarme a min e confundirme máis. É unha forma de explicarme ainda que como di Clarice (personaxe de Memoria do incendio) “eu non me explico”.

Lume?

Elemento purificador, rexenerador e aniquilador… Na orde contraria.

Azar?

Algo no que non quero crer.

Desxeo?

Perder líquido.

Vigo?

Cidade que tardein moitos anos en descobrir… e como sempre a vin dende o outro lado e non sein si é máis bonita vista dende Cangas ou dende aqui.

Felicidade?

Un sitio… un lugar pouco interesante cara o que todos queremos ir.

Publicado en Acontecementos | Etiquetado , , , , , , , , , , , , | Deixar un comentario

Teatralmente: Carlos Alonso na Esad de Galicia

Dende o lúns 4 de outubro e ata finais de novembro está aberta a exposición Teatralmente do escenógrafo galego Carlos Alonso na Escola de Arte Dramática de Galicia, Esad, en Vigo . Este evento enmarcase dentro da iniciativa da Esad de ser un espazo onde os nosos creadores escénicos e con eles o patrimonio galego sexan preservados e postos en valor.

Teatralmente é unha instalación co material escenográfico que Carlos Alonso foi reunindo e creando na súa xa longa carreira profesional, premiada en numerosas ocasións, que comezou a fines dos 70 en Navia, Vigo, no grupo Farándula. Ai iniciase o seu periplo que o levaría ata Francia e Alemania e o voltaría a Galicia para traballar durante décadas cas máis importantes compañias galegas.

Teatralmente acontece hoxe no mesmo lugar onde Carlos Alonso xogaba con Cándido Pazó sendo neno. Neste lugar onde actualmente está o novo edificio da Esad naquel entón eran campos de labranza e carballeira. Carlos Alonso, con 54 anos e máis de vinte de volta en Galicia, rememora os seus tempos de adolescente de 14 anos sendo montador nos asteleiros navais. Recorda tamén como esta experiencia e a súa atracción polo mundo das feiras o levaban a construir tiovivos en miniatura. Tiovivos que perante a súa conversa e pechando os ollos debuxa ainda no aire co movimento das súas grandes máns.

Carlos Alonso di amar os materiais e as texturas. O barro impregna-o de paciencia e o metal o acelera. Percebe que pode haber teas brandas e duras, teas que acarician ó tacto e outras que te rexeitan. Son tantos anos de contacto cos materiais que emprega nas súas escenografías e vestiarios… Admira a Tapies precisamente pola súa busqueda na humildade dos materiais, nas texturas dunha parede vella. “Ensinoume a poética e a beleza do máis humilde“, afirma na nosa conversa na cafetería da Esad.

¿E por qué Teatralmente?

E unha forma de ver a vida. A mente que o ve todo “teatralmente”.

¿E por qué a escenografía?

Empecein como actor en Farándula. Pero xa dende aquela dabaseme ben o deseño do espazo e da roupa. Dentro dos grupos afecionados cada un tiñamos un don. A medida que os grupos foron profesionalizándose vivimos un proceso natural, no cal cada un acabamos derivando nalgo que te gostaba, sin querer ser iso xa dende o principio.

Eu vexo o Teatro como un Todo e por iso o meu traballo como escenógrafo non o fago dende o punto de vista do estilista. Os procesos de búsqueda son procesos especiais, nos que ás veces non hai que deseñar nada. Só hai que entender a atmósfera. Vexo entón si necesito de roupa usada ou non, como debe de oler esa roupa… Só podes entender os códigos e claves cos que funciona o vestiario en teatro si entendes os códigos do teatro.

“Yo veo”. A observación é moi importante e quedarte coa película. Alguén que retén iso e o aplica ó traballo… o “Color” do Todo, dun espazo, do aire… E diferente a como o poden perceber un arquitecto ou un diseñador que non entren nos procesos teatrais. “Mi mente lo ve todo para aplicarlo al teatro”.

¿Recordas como comezou Todo?

Era pequeno cando fun ver a posta en escena de La casa de las Chivas e captein a posta en escena de algo, dun drama. E unha sensación que nunca me abandonaría. Descubrin un mundo tan atractivo… que te leva á imaxinación, que me daba a posibilidade de desenvolverme como persoa e outra perspectiva das posibilidades da vida.

Publicado en Exposicións | Etiquetado , , , , , , , | Deixar un comentario