Os días 22, 23 e 24 de xuño estrearáse O dondo sabor das mazás, con textos de Álvaro Cunqueiro e dirección de Xavier Castiñeira. As funcións serán ás 19:30 na Sala Pedra Seixa da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
O equipo técnico son: Xavier Castiñeira Blanco (dirección), Ermel Morales Ramón (encargado de verso), Laura Romero Iturralde (iluminación), Xavier xunto a Chus Ramos (escenografía), Diego González Valeiras (vestiario) e Clara Ardoy (producción). Ademais colaboraron Carlos Pinilla, Nuria Montero, Alfonso Rivera, Afonso Becerra, Alejandra Montemayor e Esther Fírvida.
O Elenco son: Machi Salgado, Fernando González e Laura Míguez, en Xan, o bo conspirador (inicio); Eva Souto e Melania Pérez, en Rúa 26; Olga Rodríguez e Adrián Ríos, en Xan, o bo conspirador (final); Aida Sánchez e Javier Toste, en Poesía.
Xavier presentanos o traballo coas seguintes palabras:
O dondo sabor das mazás é o título xenérico dun espectáculo que inclúe varias pezas non estreadas de Álvaro Cunqueiro xunto a unha escolma poética do mesmo autor a partires dos Poemas do Sí e do Non ofrecendo unha panorámica da súa producción máis subrealista inscrita nos primeiros anos dá decada de 1930, cando Cunqueiro, todavía lonxe de ser o autor icono do máxico galego comezaba a coñecer o seu oficio como escritor dramático.
Estas primeiras pezas son: Xan o bo conspirador (prólogo), Xan o bo conspirador (epílogo) e Rúa 26 (diálogo limiar) pezas que saíron en diversas publicacións e que foron rescatadas por Francisco Fernández del Riego, Marcos Valcárcel e Teresa López, e levadas á escena por diferentes alumnos da ESAD de Galicia xunto a diversos profesores da mesma.
Estas pezas conteñen os diferentes elementos estéticos que conformarán a visión das grandes obras do autor mindoniense, cunha clara visión esteticista alonxada das interpretacións naturalistas que se teñen feito tradicionalmente. Xa na mesma acoutación do de Rúa 26 descríbésenos a escena coma un espello, é decir como un lugar que reflexa a imaxen, non a imaxe en sí mesma. Cunqueiro non está alleo aos experimentos da escena máis vangardistas da súa época como ben queda reflexado nestas tres pezas curtas, pezas que son un exemplo claro da escasa producción surrealista escrita en España nesa época xunto ao teatro breve de Lorca. Na búsqueda desa visión máis esteticista da obra xorde unha escrita escénica baseada no movimento e na plástica, non na ilustración do texto.
Grazas ao meu compañeiro e conselleiro teórico da montaxe, Afonso Becerra, do cal recollo varias ideas que plantexo nestas liñas podemos ver o ideario estético reflexadas nun pensamento do propio Cunqueiro: “La filosofía no consiste en saber si son más reales las manzanas de ese labriego o las que yo sueño, sino en saber cuál de las dos tienen más dulce aroma. Pero esto es arte mayor.” (Cunqueiro, 2004: 114-115) Atopamos nestas liñas a diferencia entre a realidade e a imaxinería, no que non é importante a súa estética, ou sexa o tipo de mazá, senon a súa verdade. O teatro non só é un sitio para escoitar, é etimolóxicamente “o lugar para ver”, e dende esa perspectiva quixemos facer unha adaptación do seu texto para ser vista. Cunqueiro fai teatro para ser visto e non só escoitado, presentando o teatro máis evolucionado da súa época que entronca con Artaud, Apollinaire, Magritte… O xogo no xogo, a suxestión das imaxes e non só dese dondo sabor da fala de Cunqueiro, é a clave que seguimos para a nosa proposta escénica.
A esta dificultade da visión literaria da mayor parte das propostas sobre os textos de Cunqueiro, agás a interesante aproximación de Quico Cadaval co seu Ano do cometa no CDG, únese a dificultade de crear nun espectáculo en continuidade, tres textos sen relación algunha entre eles e a escolma poética anteriormente dita. Dende unha perspectiva de “charanga lunática” fixemos a nosa lectura, unha visión dun mundo dentro doutros mundos, a escena dentro da escena, sen importar, xa que non é posible tentar buscar un significado específico a estas pezas, senon que son elas mesmas son un xogo estético e rupturista das tradicións escénicas do propio Cunqueiro. O xogo fronte a identificación, o mundo do irreal feito verosímil, non a profundidad psicológica senon a visión bidimensional do teatro de monicreques, o barriga verde, o teatro de cegos… esa bidimensionalidade na que os actores-bonecos xogan-presentan a escena sen a importancia da textualidade; o texto exponse, non se busca como realización dalgo interno ou dun proceso sentimental. Baixo esta perspectiva do xogo visual e non psicoloxista, estaríamos máis dentro dun Pierrot ollando cara a unha lúa reflexada nos seus pes que ante unha fotografía da mesma.