Vanesa Sotelo, Premio “Josep Robrenyo”

Vanesa Martínez Sotelo (1981), alumna de Dirección de Escena da Escola de Arte Dramática de Galicia, ven de gañar o XIII Premio “Josep Robrenyo”pola súa obra Memoria do incendio. Este premio concede-o a Asociación de Investigación e Experimentación Teatral, ligada á Universidade de Barcelona. E a segunda vez que o “Josep Robrenyo” remata en Galicia. A primeira fora no 2008 para Marcos Abalde Covelo pola súa peza Canibalismo, que próximamente será publicada na editorial Estaleiro.

Vanesa Martínez Sotelo, natural de Cangas, conta xa co Premio Radiofónico da Radio Galega 2010 por Indoor e co premio “Na Vangarda 2005”, da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, para a súa obra O asasino sorrinte, tradución da homónima de Jean-Marie Piemme. Ademais é autora de pezas como Azotea, presentada na Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas 2004.

Este mércores 13 de outubro, ás 17.00 horas, estrea na Escola de Arte Dramática de Galicia a súa derradeira obra e tamén Proxecto de Fin de Carreira, Kamouraska. Esta peza seguerá a ser representada en diferentes puntos de Galicia pola compañía Inversa Teatro, de Marta Pérez.

A estrea de Kamouraska integrase asi dentro da presentación dos Proxectos Fin de Carreira 2010 da Esad de Galicia. O dia 14 de outubro, ás 17.00 horas, estrea Eva Freixeira Teixeira Sen título. Técnica mixta sobre linóleo negro. O dia 15, tamén ás 17.00 horas, María Armesto e o dia 22, Marcos Grande e Alexandre Couceiro, ás 18.00 horas, Sede. Xa no mes de novembro, o dia 4 estrean María Rodríguez Piñeiro e Fran Buceta e Xoán Abreu.

Buceando en Kamouraska e Memoria do Incendio

Entrevista a Vanesa Martínez Sotelo

“Kamouraska”?

Mmm… Lugar, refuxo. E unha cidade do Quebec e o nome é dos indixenas de ali. Significa “xunqueira”, lugar onde hai xuncos…

Descubrin en 2003 a Daniel Danis nunha peza da Factoria Teatro, dirixida por Cristina Domínguez. Entón marchein como estudante de Xornalismo nun Erasmus a Rennes, Bretaña, Francia, onde coñecin uns amigos do Quebec. Fun ali visita-los e na viaxe ía vendo “Kamouraska… tantas millas” e de novo, de novo… asi pasou á recámara.

Logo nunha librería de Montreal, buscando un libro de Michel Tremblay, Marcel perseguido polos cáns, que fala de illas e cáns, atopein a obra de Danis O bico con lingua dos cáns de pedra, que acontece nunha illa imaxinaria do río Saguenay (outra vez illas e cáns -sorri Vanesa-). Esta obra a traducin e ainda non está publicada. É un texto con moitos personaxes.

Eu quería algo que me motivara como Proxecto Fin de Carreira e quería probar. Non tiña tantos actores e desexaba experimentar co teatro post-dramático do que tanto nos falara Afonso Becerra. Asi que collin tres mulleres do texto de Danis para o traballo de creación e fomos xerando un material moi diferente entre o amor e o desamor.

Recámara?

Lugar de recordos, para o sorriso. Lugar para mirar para o futuro.

Can?

Fidelidade, honestidade… a parte máis salvaxe que temos e que está domesticada.

Illa?

Penso en fronteira, límite… e nunha frase que me dixo un amigo, que non sein si dixo éste ou é doutro autor, “A fronteira sempre vai connosco”.

Terra?

Voute contestar con algo de Kamouraska: “Terra é lugar onde botar raices e que che impide un pouco mover.

Amor?

Uff!… imposible. Motor de todo e sobre todo cando é desamor.

Primaveira?

Primaveira, mmm… entre primaveira e primaveira de Praga… primaveira… época aparentemente cursi pero moi productiva.

Inverno?

Mmm… (Silencio)… mmm… ai, non sein… en Galicia, chuvia.

Escreber?

Mmm.. intentar explicarme a min e confundirme máis. É unha forma de explicarme ainda que como di Clarice (personaxe de Memoria do incendio) “eu non me explico”.

Lume?

Elemento purificador, rexenerador e aniquilador… Na orde contraria.

Azar?

Algo no que non quero crer.

Desxeo?

Perder líquido.

Vigo?

Cidade que tardein moitos anos en descobrir… e como sempre a vin dende o outro lado e non sein si é máis bonita vista dende Cangas ou dende aqui.

Felicidade?

Un sitio… un lugar pouco interesante cara o que todos queremos ir.

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Acontecementos coas etiquetas , , , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s