“Obradoiro Visual Exprés”, de Julio no Verbum este venres!

Despois da pasada fin de semana o III Festival Internacional “Poéticas para unha vida” continua a súa andadura este venres 8 de abril ás 17 horas. Julio Fernández, alumno de Dramaturxia da Esad de Galicia e alma mater deste evento, imparte o Obradoiro Visual Exprés no Museo Verbum de Vigo. Está dirixido a calquera que teña inquedanzas artísticas, teatrais ou poéticas e a inscripción é gratuita.

Por outra banda, ás 21.30 poderedes disfrutar das “Paisaxes sonoras emprestadas” de Pedro Alba. A programación mostrase moi interesante tamén o sabado, con intervencións “poéticas” na Porta do Sol dende o mediodia ata as 20.30 e logo no Verbum ás 20.30 con Sergi Quiñonero e unha mesa redonda titulada “Poesía de acción no espazo público”.

Este Festival de Poesía Experimental e de Acción continua o venres 15 de abril, coa presenza de Begoña Ququejo ás 20 horas e María Roja, Fran Buceta e Berio Molina, ás 21 horas. O sábado 16 de abril remata con “La Radio Experimental”, De Angeles Oliva e Toña Medina ás 20 horas e Logan3, de Javier Montero, Emilio Papel e Luis Somoza, ás 21 horas, todo elo no Verbum de Vigo.

About follasvolandeiras

Boletín da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Palabras clave: teatro, escena, acción, dramaturxia, dirección, espectáculo.
Estas entrada foi publicada en Acontecementos coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s